Acampada de verán: 19,20 e 21 de Xullo de 2011
As nenas e nenos de Vide acamparon un verán máis no patio das escola, pero este ano decidimos que o grupo dos maiores acamparan a segunda noite en San Fins, no monte. Foi unha boa decisión porque a experiencia non a esqueceremos. Ao chegar a noite baixaron a visitarnos as vacas e a brétema. O único que escoitabamos no medio da escuridade era o "tolón,tolón" e pouco a pouco as vacas foron rodeando as tendas de campaña. Puxeramolas no lugar onde as vacas baixaban a durmir!!!!. NOn nos quedou máis remedio que durmir con elas. Pola mañanciña marcharon sin despedirse aínda que por pouco levan por diente algunha tenda.
O ano que ven repetimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario