martes, 1 de septiembre de 2009

Chegamos e.........¡¡¡¡¡¡marchamos!!!!!!


E aquí estamos de volta logo dun verán ben movido. Fixemos a acampada de verán no patio da escola, fomos andando a San Fins, a San Nomedio, á Franqueira... bailamos e tocamos na tractorada logo de recorrer toda a parroquia cos tractores probando o viño, repetimos festa coas gaitas e as pandeiretas en Mirenciños na festa do carneiro....en fin, menos mal que rematou o verán que senón o verán ía rematar con nós.


Xa estabamos praparadas para comenzar un novo curso sereo e tranquilo cando Charo, a nai de Dimas,vai e fainos unha proposta:

-¿E porque non imos pasar dous días nunha finca que eu teño na praia?

- ¿QUEEEEEEE?

- Non está moi lonxe, está en Cangas, na praia de Santa Marta de Liméns. Sería un xeito diferente de empezar o curso. E seguro que para @s nen@s sería unha boa experiencia. E ademáis xa están afeitos a ir de acampada. E tamén está a casa a vosa disposición. Unha boa data sería o 3 e o 4 de setembro. ¿Que vos parece?

- ¿Que que nos parece??????

¡¡¡¡¡ORGHANISASIÓN!!!!!!!

1-¿ Que nen@s levamos? : Alumnado e ex-alumnado menor de 8 anos: 18 apuntados
2-¿Cantas nais poden acompañar? : Seis nais e dúas avoas.
3-¿Cantos coches para a viaxe?: Seis coches. Xusto.
4- ¿Tendas de campaña, sacos de durmir..? :Temos de todo.

5- ¿Cando marchamos? . Saímos da escola o xoves, 3 de setembro ás 10 da mañán. De volta o venres, 4 de setembro á noitiña.

6- ¿Algo máis?. Si. As nais/avoas ocúpanse da intendencia e a mestra, eu, da programación e das actividades cos cativ@s.

Pois xa está todo.

Aínda non chegamos e xa nos estamos indo.

PD. Díxome un paxariño que Fabiola quere vir con nós, ela e mailo pequeno Xaime que xa ten ¡un mes e máis algúns días!. Seica xa ten todo preparado.

1 comentario:

bescariz dijo...

Escribo desde Santa Marta,agora mesmo chove,pero mañá mellora.Temos unhas furnas para visitar e o estupendo areal de Liméns.Prometemos facervos unha visita e prestar a axuda que necesitedes.Boa viaxe desde o cole de Quintela !