Os tomates pódense comer crús, moi ricos e refrescantes , restregados no pan cun pouquiño de aceite, deliciosos, pero tamén poden cociñarse.
Nós fixemos marmelada de tomate.
É moi doada de facer e está
RIQUÍSIMA
Se botas a marmelada de tomate por riba dun pouco de queixo fresco comprobarás que o seu sabor é
EXQUISITO.
Para facer a marmelada colles 1 k de tomates ben maduros e tritúraos, incorporas 750 grs de azucre, zume de limón e un chisco de canela. Coces a lume lento 50 minutos, deixas enfriar e ¡¡¡listo!!!.
1 comentario:
Está boííííííísima, dou fe!
Outra receita que me apunto.
Publicar un comentario