un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
jueves, 7 de mayo de 2009
Paseos con libro. O Ollo do Inferno
Hoxe comenzamos unha actividade nos Xoves da Biblioteca:
Os paseos con libro.
Por ser o primeiro paseo escollimos un paseo longo, á beira do Miño: O paseo ata a lagoa do Ollo do Inferno, a lagoa das tartarugas, pois tiñamos moi bo recordo de cando o ano pasado foramos ata alí na procura de Arturo e Clementina
O libro escollido esta vez foi Dona Carme o que nos permitíu que participaran tod@s, maiores e pequenos e que a súa lectura se convertira nun xogo colectivo.
Logo Marisol, a nai de Abel, explicounos, como lle tiña explicado a ela a súa nai, e a súa nai a súa avoa, que na lagoa estaba o Ollo do Inferno, que tan fondo era que chegaba ata o mar, pero que en Vide había dous ollos máis, un na ermida de San Antoón, xunto a vía do tren, e outro en Bermuín, por riba da furna de Guntín, que estaban agachados e non se podían atopar ata que caías neles.
Aínda estabamos intentado dixerir esta información, cando Mari Carme, a nai de Elena, contounos isto:
Hai moitos anos, no tempo da nai da miña avoa mandaron facer as campás para a igrexa de Vide en Portugal. Eran unhas campás xemelgas das de Lamas de Mouro, a aldea que queda xustiño enfrente de Vide cruzando o Miño polo Coto de Severo. Traían as campás en carro de bois, pero ao pasar pola lagoa fundiuse o carro e levou ao fondo aos bois e as campás. Ninguén poido sacalos de alí, porque cairan no Ollo do Inferno. E dende aquela, as campás de Lamas de Mouro tocan a morto por eles e polos de Vide. E si non o credes, facede a proba: veredes que si escoitades un día soar as campás de Lamas de Mouro tocando a morto, non tarda nada en escoitarse ás de Vide avisando tamén aquí.
Decidimos que desde hoxe iamos estar moi atent@s ás campás para comprobar esta historia, e tamén que o próximo xoves, si non chovera podíamos intentar descubrir onde están os outros Ollos do Inferno.
Eu e Saray estamos desexando que chova, porque....¿que pasa se caímos todos nun Ollo do Inferno deses ?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Estarei ben atenta ás campás da outra beira do Miño. Que historias acontecen en Vide, mi madriña!!! Para que logo digan que a vida no campo é aburrida...
Sabela e Saray: este xoves non pode chover porque eu levo dende o xoves pasado con moitísimas ganas de coñecer eses outros dous Ollos infernais (pero para a próxima Antón vai no carriño, aínda hoxe teño o lombo bonito... xa sei que me avisáchedes, pero...)
Ola...son Bocixa e acabo de ver o relato da visita ao Ollo do Inferno...con moito retraso. De casualidade coñecín o blog xa que quero facer unha reportaxe para www.anosaterra.org sobre este lugar. Encantáronme os contos que lembraron Marisol e Maricarmen. Moito me gustaría quedar con elas alí para grabar en video e publicar a reportaxe na seción ANT tv de A Nosa Terra Dixital
Se ledes isto e podedes enviarme o contacto, agradeceríao moito. (620599007)
Unha aperta e naraboa polo blog
Bocixa
Welcher Erfolg! cialis online cialis online [url=http//t7-isis.org]levitra 20mg wirkung[/url]
Publicar un comentario