un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
viernes, 22 de mayo de 2009
Á Peneda cos Institutos da Raia II
A camiñada, de sete km vai de Fiae a Lamas de Mouro. Nós subimos en autobús, pero Lurdes e Dina subiron andando coa mocedade.
Mentras agardábamos en Lamas de Mouro a que chegaran os que viñan caminando, deunos tempo a tomar o bocadillo, xogar ás agachadas, saúdar aos cabalos e vacas do monte e ir visitar o Centro de Interpretación
E contra as dúas da tarde centosde rapaces- din que eran máis e tres mil- galegos e portugueses cos seus mestres, asulagaron o parque enteiro nunha marea de risas, carreiras e cores. E no medio deles tamén chegaron Lurdes e Dina.
¿Que como chegaron? Lurdes fresca como unha rosa, pero Dina..¡ai Dina!. Non facía máis que fungar do cansadiña que estaba, menos mal que deseguida a organización- a Escola E.B.2,3 de Melgaço- comenzou co reparto do almorzo e recuperaron forzas.
Pola tarde houbo paseos, baños no rio Mouro e xogos colectivos nos que @s cativ@s de Vide participaron no medio dos grandes.
Mentras, Ignacio coa súa Gaita e as pandeiretas de Vide puxeron música, baile e voces a unha tarde de marabilla na Porta de Lamas de Mouro , unha das cinco portas ao Parque Nacional Peneda- Gêres.
Só nos quedou procurar á fadiña dos brinquedos de ouro, que sae pola noite a brincar con eles e despois escóndeos no monte dentro dun saco.
Iso deixámolo para o curso que ven que....¡¡¡¡¡volveremos!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Uma grande aperta e muito obrigada a Escola de Melgaço por organizar esta "xuntanza" galego-portuguesa. Que ben o pasamos, canto desfrutamos, cantamos, bailamos, xogamos, ..... e cantas maniotas tivo Dina ó día seguinte!
Publicar un comentario