Rematou marzo e deixámolo todo pintado. Pintámolo de cadrados e rectángulos amarelos azules e vermellos con Mondrian, de círculos, estrelas e lúas con Miró e de xirasoles e amarelo con Van Gogh. Fixemos tamén unha exposición cos libros de "pintura" da Biblioteca A2, que ademáis escollíamos todos os días para a Hora de Ler.
- "Este é un cadro de Mondrián ¿ves?,chámase composicións e usa cores primarias porque serven para facer outras cores, e este é Miró que era catalán e se chamaba Joan. Po
Eu tamén o escoitaba tan "embelesada" como a súa nai.
E rematamos o derradeiro día de marzo saíndo ao campo, á veiga de Generosa, a recoller pampillos amarelos. Con eles, sentad@s á sombra do castiñeiro de indias, cosimos uns preciosos colares para levar para casa.