COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE
Como este ano queremos plantar millo, pedímoslle ao pai de Brais que viñera outra vez á escola a fresarnos unha tira no fondo , que está ben soleado. Chegou na hora do recreo e alí estivemos tod@s como paspáns mirando para el como traballaba. Cando chegue o tempo, imos plantar millo branco, que din que é o de aquí, millo corvo e millo de facer "palomitas", que nos trouxo a nai de Marta. Xa temos a semente de herbillas e de xudías, as pipas para os xirasois e un saco de esterco das vacas da avoa de Yanira.
Só falta que nos poñamos ao traballo, pero.. e que non damos sacado o tempo.

Esta semana o noso pintor é
Miró, e si Mondrian gustou Miró arrasa. ¡Que discusións buscando títulos para os seus cadros! Hoxe o cadro "Bailarina" despois de reñida votación quedou convertido en " O corazón da lúa". Hai que ver como engancha aos nen@s este pintor. E mañán escolleremos outro cadro seu para imaxinar, crear, escribir, contar......
No hay comentarios:
Publicar un comentario