
Hoxe pola tarde volvimos a subir ao Coto e seguimos plantando carballos e cerdeiras no baldío.
Mañán na escola remataremos o conto : “ Había unha vez un monte queimado….”

Os carballos, castiñeiros e cerdeiras irán medrando ó mesmo tempo que os nosos nenos e nenas,e dentro de vinte anos habemos de subir de novo, cos nosos fillos, netos ou amigos para, sentados ao pé das “nosas” árbores, contarlles a todos unha historia de vellos que comenzará así:
“había unha vez un monte queimado……"
1 comentario:
A asociación ecoloxista ADEGA faise eco do compromiso dos rapaces e rapazas de Vide -e as súas familias- coa natureza:
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=blogcategory&id=101&Itemid=244
Publicar un comentario