sábado, 15 de noviembre de 2008

Cantos para o Nadal

Ainda que pareza un pouco cedo, xa estamos a preparar os cantos para o Nadal porque este ano temos pensado ir polas portas das casas da parroquia, cantando as xaneiras e os reises, e pedindo o aginaldo,claro.
Na Biblioteca A Dúas tiñamos varios Cds e cintas :
- Galicia canta ao neno, de Fuxan os ventos
- Cantigas de Nadal. Berrrogueto, Muxicas, Os Cempés…
- Aghinaldo, de Malvela
- Cantos para o Nadal. O Quiquiriquí.. Vari@s.
- Panxoliñas, de Maria Manuela e Xoan Rubia.
- Panxoliñas- Villancicos, de María do Ceo

Convocamos un “Martes da Dúas” a todos os nen@s e maiores que quixeran vir con nós, e xa temos o grupo feito:
Edorta co acordeón, Fabiola e Sabela á gaita, Darío co tamboril, as pandereteiras coas súas pandeiretas e un feixe de cantareiros e cantareiras de todas as idades. Só nos falta que se anime co bombo o pai de Noemí.
Despois dunha farta de escoitar música escollimos o que nos pareceu ben e fixemos unha libretiña coas letras e un Cd que repartimos entre tod@s.
Agora e ata fin de ano, os martes pola tarde a Biblioteca, e a escola, é unha festa .
Levamos dous martes de “ensaio” e isto vai que arde. Xa andamos a pensar nun xeito de locomoción “enxebre” por se chove , ou por si non chove , que hai moita casa e moita costa en Vide .

No lateral do blog tedes o caderno de letras e algunhas das cantigas por si queredes ilas aprendendo

E neste vídeo vai unha clase práctica¡¡¡¡¡¡ANIMO!!!!!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡¡que bonito o coro!!!
¡¡¡que bonito!!!

E tomade nota:

fora o bombo e as gaitas, que non pintan nada, e os que non dean ben o DO para casa, a cantar na ducha.
e os nenos pequenos tampouco, que dan moito traballo, e o de ir polas casas menos, que onde se canta é no auditorio de As Neves.
E nada de ensaiar na biblioteca ou na escola, que a escola e para aprender e a Biblioteca para mirar, non para montar follón.

¡ a ver se recuperades as BOAS tradicións!



¿adivinades quen sou?

Loly dijo...

En Vide xa están de festa
a festa é do Nadal
o Nadal ainda non chega
pero a eles tanto dá.

Pero a eles tanto dá
que sexa Nadal ou non
para que haxa boa festa
eles buscan a ocasión.

Eles buscan a ocasión
e tamen xente con xeito,
a Edorta e a Sabela,
Fabiola e outro cento.

E se se xuntan un cento
e na biblio eles non caben
non temades meus neniños
a Casa D’Aghua sempre abre.

Anónimo dijo...

Levamos a mañán toda
a compoñer poesía
porque as de Vide queremos
facerche esa cortesía

ai Loli que ben que falas
ai Loli que ben que escribes
e que ben che sale todo
se mire ou non se mire

pero a Casa da Auga non vamos
que non hai calefacción
é mellor na biblioteca
"anque" seamos un montón

Anónimo dijo...

que ben che esta a quedar o blog

Loly dijo...

E se sodes un montón
haberá unha grande festa
malaia raio me parta
por non poder eu estar nela.

E non podo eu estar nela,
eu non son pandereteira,
nin sei tocar eu a gaita;
ai meu deus, que máis quixera!!

Que máis eu vos quixera
que poder en Vide estar
e acompañarvos nas festas,
nas foliadas, no cantar.

Sodes a hos..... rapazas
mulleres vós sen igual
decidelle ao voso alcalde
COMO AS DE VIDE NON HAI!!!!!