miércoles, 4 de junio de 2008

Visita ao CEIP de As Neves


Onte eu e @s 5 alumnos e alumnas de 5 anos collimos o autobús escolar pola mañán e fumos pasar o día no CEIP de As Neves.O curso que ven será a "súa" escola.
O cambio de escala foi o que máis lles chamou a atención ao chegar:
- ¡Mi madriña, cantos pasillos!- dicía Lucía.
- ¡Cantas profesoras!- dicía Yoel.
- ¡Cantos campos de fútbol- dixo Iván.
- ¿E temos que subir todas estas escaleiras?- preguntaba María.
Guiomar mentras, calaba. A ela preocupáballe a comida.Pero a comida non foi problema. Había filetes de peituga de pito robozados acompañados de patacas fritas, e de postre...¡xelado!
Estiveron en clase de inglés, de informática, no polideportivo....atoparon as compañeiras e compañeiros do ano pasado, a veciñ@s e curmáns.
Cando chegou a hora da saída unha morea de nenos e nenas de infantil agardaban na entrada para ir coas súas mestras ata o autobús, no medio deles habían de estar os meus.¿Como localizalos?
Alcei a voz e moi seria, dixen:
- Por favor, as nenas e nenos máis intelixentes, educados e maravillosos que veñan onda min.
Cinco nenas e nenas saíron correndo e agarráronse a min berrando:¡nós! ¡nós!
Ben.Esta claro que están preparad@s para a nova escola.

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Cantas emocións e sentimentos deberon xurdir nesa primeira visita ao seu novo cole!!
Novas experiencias, novas amizades... Momentos inesquecibles!!
Bicos dende Fene

Unitaria de Vide dijo...

Moita sorte na vosa nova escola, pequenos!!!

noevide dijo...

ala!!!!!por fin entro na nosa páxina :P

e digo nosa porque eu fai uns(cada vez máis)anos estiven por aí argallando tamén, como todos eses pequenos :)

espero que vos vaia todo ben para o ano @s k marchades para o cole dos grandes, seguro que non tedes ningún problema!!;)

un bico de noe (unha das vosas monitoras favoritas jeje)