miércoles, 2 de abril de 2014

Día internacional do libro infantil


Na Unitaria de Vide, ao mes de abril chamámoslle o MES DOS LIBROS, e aínda que traballemos noutras cousas, a nosa mirada neste mes está sempre dirixida moi especialmente a "celebrar" a nosa biblioteca e os seus libros, por iso non deixamos pasar o día 2 de abril sen facer algo especial, porque é o...



 Día internacional do libro infantil

...e todo o día traballamos xogando cos libros da biblioteca. 

Primeiro escollimos os libros cos que iamos xogar, e como andamos a traballar con Miró, foi natural que ganasen os libros de pintores.

E comenzou o xogo:

Apoiándonos no encerado dixital, buscamos no OPAC :  Miró, Velázquez, Van Gogh, Paul Klee, Picasso... e averiguamos cantos libros tiñamos de cada un deles. Apuntabámolo na ficha e comenzaba a carreira: atopar TODOS os libros que tiñamos. 

Non pensedes que foi doado. Había que buscar, contar os que atoparamos, pensar cantos nos faltaban aínda, volver a mirar na pizarra, comprobar que estaban todos e entón berrar: XAAA!
Logo escribilo na ficha.

....ata descubrimos que o OPAC estaba equivocado, pois tiña contado mal os libros de Van  Gogh.



Pasou a mañan nun periquete e para descansar de tanto correr, sentámonos a escoitar un conto de pintores que nos contou Samara: "O libro máis bonito do mundo".




No hay comentarios: