E onte foi ese día
A mañán deu para moito.
- Na Biblioteca as nenas e nenos de Vide explicaron aos seus compañeiros das outras escolas como se organizan os libros, como se colocan nos andeis, os distintos espacios... e sobre todo, que hai que falar moi baixiño! Logo disfrutaron todo do seu tempo cos libros. Por suposto que o maior éxito lle correspondeu ao andel de libros sorprendentes. Era de esperar.
- Houbo tempo para o Contacontos, o libro elexido foi:
un precioso conto que permite a participación das nenas e nenos e a súa dramatización de xeito moi doado. A escola encheuse de:
miauuu, miauu...! socorro, socorro..!, gua, gua....! e de risas.
Para rematar fixemos a ficha do libro: Titulo... Autor.... Editorial....
- E, como na Biblioteca tiñamos preparada a exposición de libros de "Ciencia na Biblioteca", fixemos maxia e transformámonos en científicos facendo experimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario