sábado, 8 de marzo de 2014

8 de marzo

Este 8 de marzo chegounos a escola a contrapé. Aínda nos remataramos de dixerir o proxecto traballado, China,  a festa do Entroido coas súas vacacións,  iniciando o novo proxecto sobre Miró, cando tiñamos xa diante esta celebración.

Pero é un día que non podemos deixar pasar, e apresurámonos a acudir á Biblioteca e montar unha pequena exposición para visibilizar os libros de xénero e coeducativos, que ademáis de poder levar prestados nos "Contos de pola noite", poderán ser utilizados  na "Hora de ler"; e durante a semana que ven, o alumnado escollerá de entre eles os que a mestra, eu, leerá en voz alta na " Hora do conto", ou eles se lerán uns a outros nos pequenos momentos de lectura que sempre buscan nos tempos libres.

E si son "boíños" veremos algúns videos de contos que temos en "Contos para ver e ler" e non temos na Biblioteca, como

 El Príncipe Ceniciento

SuperLola  ou

Una feliz catástrofe

E eu quero homenaxear neste día a dúas mulleres mestras: as irmáns Cossettini, que na primeira metade do século XX puxeron en práctica, contra vento e marea, un modelo de escola diferente  que hoxe,  coa LONCE cabalgando en lontananza,sigue vixente máis que nunca,





E unha cousa máis:
Cando eu era moza saín á rúa para reclamar a supresión do delito de adulterio, reivindicar o dereito ao divorcio e máis tarde o dereito das mulleres para decidir sobre o noso corpo. Logo, cando vin medrar a miña filla nunha sociedade con estes dereitos acadados, nunca pensei que as miñas netas terían que sair de novo á rúa, e correr diante dos "grises", en defensa dos seus dereitos como mulleres.

Pero parece que vai ser que si.

Por iso mañán, eu, a miña filla e as miñas netas, estaremos en Santiago defendendo  de novo o dereito das mulleres a un aborto libre e gratuito.

2 comentarios:

pandereteira dijo...

Se parece que están falando da Unitaria de Vide!

Leo dijo...

Grazas, Sabela. Por estar atenta ao mundo e SABER que, se a escola non forma parte del.... non é ESCOLA.
Bicos solidarios.