Dende hai uns meses a Biblioteca conta cunha "Comisión de Bibliotecar@s", un grupo de ex-alumnas e ex-alumnos que se encargan de apoiar o traballo na Biblioteca e colaborar na programación e realización de actividades: ordenan e reparan libros, elaboran cartaces, atenden o préstamo, organizan actividades da biblioteca..... Este curso os " Mércores da dúas" está nas súas mans e vaise notando:
Esta é a actividade que convocan co gallo do Día das Letras Galegas:
Noite na Biblioteca: unha Noite das Letras Galegas , con Roberto Vidal Bolaño e o seu teatro, música e actividades ao redor desta celebración: do xoves 16 ao venres 17 de maio.
Horario: de 10 da noite a 10 da mañán.
Inscripción: mércores, 15 de maio na Biblioteca, de 18 a 19 da tarde.
Este é o cartaz da convocatoria:
7 comentarios:
Parabéns a esa fantástica "Comisión" e a quen lles amosou o camiño. Da xenio velos organizando!!!
Apertas de mel dende Fene.
Parabéns a estes rapaces, a estas rapazas!!!! Son os pequenos milagres da escola pública e das "comunidades de aprendizaxe", aínda que non leven este nome oficialmente. Felicitacións a grandes e pequenos por esa realidade viva!!
Menuda comisión!
A iso se lle chama autonomía e capacidade de xestión.
Que a noite sexa proveitosa!
Os parabens a esa "mestra" que vai deixando pegada neses alumnos. Son cousas que quedan para sempre na memoria dos rapaces.
Como vai agromando esa labor cultural. Que felicidade ter compañeiras/os de viaxe deste calibre.
e compañei@s coma vos, que van amosando camiño
Sabela
Parabéns á Comisión de bibliotecari@s e á mestra. Tiñamos que invitar a un que eu me sei a Vide, a ver si se lle aclaraban as ideas...
Publicar un comentario