lunes, 13 de mayo de 2013

Comisión de Bibliotecari@s

Dende hai uns meses a Biblioteca conta cunha "Comisión de Bibliotecar@s", un grupo de ex-alumnas e ex-alumnos que se encargan de apoiar o traballo na Biblioteca e colaborar na programación e realización de actividades: ordenan e reparan libros, elaboran cartaces, atenden o préstamo, organizan actividades da biblioteca..... Este curso os " Mércores da dúas" está nas súas mans e vaise notando:

Esta é a actividade que convocan co gallo do Día das Letras Galegas:

Noite na Biblioteca: unha Noite das Letras Galegas , con Roberto Vidal Bolaño e o seu teatro, música e actividades ao redor desta celebración: do xoves 16  ao venres 17 de maio.
Horario: de 10 da noite a 10 da mañán.
Inscripción: mércores, 15 de maio na Biblioteca, de 18 a 19 da tarde.

Este é o cartaz da convocatoria:





7 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns a esa fantástica "Comisión" e a quen lles amosou o camiño. Da xenio velos organizando!!!

Apertas de mel dende Fene.

novoa dijo...

Parabéns a estes rapaces, a estas rapazas!!!! Son os pequenos milagres da escola pública e das "comunidades de aprendizaxe", aínda que non leven este nome oficialmente. Felicitacións a grandes e pequenos por esa realidade viva!!

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Menuda comisión!
A iso se lle chama autonomía e capacidade de xestión.
Que a noite sexa proveitosa!

Isa dijo...

Os parabens a esa "mestra" que vai deixando pegada neses alumnos. Son cousas que quedan para sempre na memoria dos rapaces.

Beni dijo...

Como vai agromando esa labor cultural. Que felicidade ter compañeiras/os de viaxe deste calibre.

Unitaria de Vide dijo...

e compañei@s coma vos, que van amosando camiño
Sabela

pandereteira dijo...

Parabéns á Comisión de bibliotecari@s e á mestra. Tiñamos que invitar a un que eu me sei a Vide, a ver si se lle aclaraban as ideas...