Logo de que a nai de Noa fresara, preparamos a terra para poder plantar nela as plantiñas que nos medraran no alcoube: XUDÍAS, XIRASOLES- para Van Gogh- ERVELLAS e CABAZAS, e tamén as plantas que nos mandou a tía de Noa, a nai de Saúl e a avoa de Samara: TOMATES, LEITUGAS, CEBOLAS, ESPINACAS, REMOLACHA e ACELGAS.
Botamos esterco e preparamos dous tipos de bancais: uns cubertos, para non ter que arrincar as herbas, e outros sen cubrir.
E puxémonos ao labor.
Choveu e logo víu o sol e agora na nosa horta as plantiñas van para arriba e da xenio velas medrar. Claro que tamén medra a herba, e nos recreos, aos poucos imos limpando a veiga de herbas, e de pedras!.
Aínda nos queda moito que traballar pero en nada, xa veredes a nosa PRODUCCIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario