....e a tarde de Fiadeiro foi unha festa. Os veciños e veciñas chegaban con tortillas, chourizos, empanada, viño, bizcoitos...., os grupos de pandereteiras e gaiteiros preparaban os cantos e gaitas, e a xente da parroquia e do contorno comenzou a encher a carpa que tiñamos preparada.
Comenzou a festa ás cinco da tarde e eran as dez da noite e ninguén quería marchar, pero había que ir traballar ao día seguinte, así que.... fúmonos despedindo dunha tarde que todos, novos e vellos non esqueceremos.
As "saíñas", as pandereteiras pequenas non pararon ata conseguir volver a subir ao escenario para disfrutar de novo dos aplausos e aturuxos. Que ben o fixeron!
Mechi, Sandra, Érica e Rocío, veña a preparar fontes de comida para que nós foramos levando a todos os asistentes.
Fabioliña, Noemi e Lucía, na mesa de "Libros de man en man", gobernaron o intercambio como autenticas bibliotecarias, sen pedir axuda a ninguén das maiores.
Julia, Rosa e Carmen, fiaban na lá e non dubidaban en explicar o seu labor a todos os que se achegaban a elas.
Chema e Edorta, pendientes da megafonía.
Bruno, o pai das xemelgas, logo de atender o "equipo eléctrico" foise cos rapaces a organizar o tráfico e o aparcamento, e fixéronno tan ben, que esta vez non houbo atascos.
Lurdes, Fina e Nati animando e guiando o baile, e tanto se bailou, que ao final da tarde xa tiñamos aprendido a bailar muiñeiras e xotas.
...... e podería seguir nomeando a todas as pandereteiras, a nais, pais, avoas, tias, amigos e amigas, veciños e veciñas que co seu traballo, a súa presencia e o seu apoio consiguen que cada ano en Vide se celebre unha auténtica "Festa colaborativa": O FIADEIRO DE VIDE.
Gracias a todos e a todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario