jueves, 26 de enero de 2012

HERVÉ TULLET

Na nosa biblioteca, o mes pasado UN LIBRO foi o favorito dos nenos e nenas- e das súas nais e pais- para levar á casa. Pero tamén UN LIBRO, foi o que un día tras outro, no recuncho de Biblioteca, tod@s pedían para xogar con el.
E non era de extrañar, porque si pos o dedo no cículo amarelo, tal como te pide o seu autor, Hervé Tullet, non paras de asombrarte. As follas se enchen de círculos, ou desaparecen, ou cambian de cor.....  todo por un dedo.
Con UN LIBRO descubrimos a Hervé Tullet e nas propostas e exposición de libros que a Biblioteca A2 preparou como posibles agasallos de Nadal este autor ocupou un lugar moi especial:
- El libro con mordisco. Editorial CocoBooks
- Colorea y mancha. Editorial CocoBooks.
- La cocina de dibujos. Editorial Phaidon
Onte na reunión da Comisión de Biblioteca comprobamos que moitos nenos e nenas de Vide, algúns amigos e curmáns recibiron por Reis un destes libros de agasallo e os seus pais e nais descubriron con eles un novo xeito de relacionarse cos libros.






1 comentario:

pandereteira dijo...

Encántame ese autor!!!
Os meus reis magos tamén regalaron libros de Hervé Tullet.
Recoméndovos dous máis:
"A garabatear!"(para facer debuxos a partir de garabatos) e "Juego de luces"(un libro negro, troquelado para descubrir cunha lanterna).
Por certo, sabedes que algúns dos seus libros están traducidos ó catalán. E ao galego...?
Pois non (que novidade...)