Todo listo para unha "alucinante" festa do Samaín, e apareceu unha invitada indesexada: A CHUVIA, unha chuvia pesada e pertinaz que parece que non pode vivir sen vir as nosas festas . Non nos quedou mais remedio que deixala entrar e gobernarnos como puidemos.
Aínda así cantamos, xogamos, comimos, fixemos caveiras, e aproveitando que a chuvia, curiosa, entrou na casa da Auga a ver que pasaba, para sair correndo a colocar as
caveiras no cruceiro e no peto das ánimas.
Pero quedamos sen magosto.
Visto o visto todas as "festiñas" van ter que ir cun "plan B" con auga.
Xa vou empezar a preparar os "Cantos de Reis da Auga"
2 comentarios:
Imos ter que falar coa bruxa da cova de enfrente para que nos axude a espantar á chuvia!
E que as festas de Vide son tan divertidas que nin a chuvia as quere perder.
coa bruxa da cova de enfrente coa súa nai , coa súa tía, coa súa avoa..... e non sei se chegará.
Publicar un comentario