Nenos e nenas pequenos e grandes, nais, pais, avoas... e ata algunha tía. Tod@s dispostos a ensaiar os cantos que levaremos cando no Nadal vaiamos cantar os Reis pedindo o aghinaldo polas casas da parroquia.
E cantamos, tocamos coas pandeiretas e as piñas- menudo invento- e eu tan entusiasmada estaba que esquecín " o documento gráfico", e iso que tiña a cámara de fotos preparada.
Logo as 7 fun á "Casa da Auga" para abrir a "Biblioteca da Dúas na Casa da Auga" e atopeime que Fabiola xa se encargara ela de abrir e tódolos ordenadores estaban ocupados con xente traballando.
Hai días que todo sae ben.
Deixo aquí a letra da cantiga nova deste ano. Un arreglo "creativo" dun texto que atopamos:
OS TRES CAMELOS
Os tres camelos dos reis
ao chegaren a Galicia
como non viron deserto
morrían os tres de risa
E ao veren tanta auga
nos regatos e nas rías
Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
Melchor tocaba unha gaita
Baltasar un tamboril
o Gaspar que non é músico
alumea cun candil
Os camelos coa risa
montaron tal foliada
que saíu a xante fora
para ver o que pasaba.
Entón dixeronlle os reis
á xentiña do lugar:
deannos o aguinaldo
porque lles vimos cantar.
2 comentarios:
Para que logo digan que os mestres non traballan!: directora de orquestra, trobadora, bibliotecaria, ...
E iso que hai recortes!!!
No próximo ensaio alí estarei, non vos libraredes de min...
Moitas gracias pandereteira!
Beb se ve que nas amighiñas non se pode recortar!!!!
Publicar un comentario