A data anunciada era o mércores á 1 da tarde, e xa se estaba organizando a comida, a festiña...o aviso a tías, avoas e veciñanza, porque había moitos anos que por estes lares non se escoitaba un cego cantando os seus contos.
Era luns, 14 de febreiro ás 13 horas.
Petan na porta da escola.
Ábrese a porta e....
-O cego Florencio, o cego Florencio!!!, berran @ nen@s.
A mestra non se entera porque xace no chan desmaiada de desesperación ao se decatar que se confundira de día.
ERA O LUNS, NON O MÉRCORES!!!!!!!!
Pero o Cego do Couso estivo na nosa escola, coa súa zafona e os seus cantares, e xunt@ cantamos- catro veces- o romance do testamento do gato, que de verdade verdadeira soa de marabilla cando se acopaña da queixa da zanfona.
Chega a hora da saída.
@s nen@s saen berrando:
- Estivo o cego Florencio!!!!!
As nais e pais : ollos abertos, mirada interrogante.
A mestra volve a estar desmaiada no chan.
2 comentarios:
Ai,canto gostaría de ter estado convosco! Nunca vin cousa asi!
certamente, ti coñeces quen confundira o día dunha actuación tan importante?.
E pensar que non me vou poder xubilar ata os 65!!!!!!
Sabela, a da escola do esquesemento
Publicar un comentario