Por fin parou de chover!
O sol, o sol, imos para fóra!,dixer@n @s nen@s.
E marchamos a dar unha volta.
Atopamos ao señor Franco podando as viñas e paramos onda el. Explicounos que as viñas hai que podalas para que dean bo viño e como logo hai que atar a videira con vimbios,para que o vento non rompa os gromos novos. Seguimos o camiño buscando viñas podadas e viñas sen
Pasamos logo a ver o "noso castiñeiro". Na derradeira visita apañaramos as castañas para o magosto. Agora estaba
Pero a laranxeira estaba chea de follas e laranxas.-O inverno non lle fai nada, aguanta coma os piñeiros- dixo Mateo.
E buscamos arbores que "aguantaban" e que non.O loureiro aguantaba as follas pero Sebas dixo:
-Isto cheira!- Tamén cheira o que hai onda a casa da Teresa, pero non é coma este- dixo Mateo.
Fomos entón averigu
Ao entrar na escola dixo Javi:
- Botamos pola porta para fóra e aprendimos moitas cousas, verdade profe?.
Certo.Tan só con botar pola porta para fóra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario