martes, 11 de enero de 2011

Arrolos de Salitre

As nosas avoas arrolaron aos seus fillos e aos seus netos con preciosos cantos de berce que nos foron transmitindo.

Eu cantáballe aos meus un canto de berce moi "peculiar" que aprendín da miña avoa:

Quen é ese guapo
que anda no tellado
que o meu maridiño
conmigo está deitado
ou ron esta noite non
ou ron esta noite non.


E cando ía nacer algún irmá dos nenos da escola aprendíalles :

Ese neniño pequeno
quen lle vai a dar a teta
sua nai vai no muiño
o seu pai na leña seca.


ou aquel outro de

Esta neniña pequena
ten ganiñas de durmir
ten un olliño pechado
o outro non o pode abrir
aaaaah, aaaaah.

Pero o meu repertorio era cativo de máis.

Agora chega a nós Arrolos de Salitre un magnífico traballo de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, dou scompoñentes de Berrogúeto onde recollen nanas tradicionais e de nova creación .Once cancións cantadas por oito novas voces como a de Alba Gutierrez, Davide Salvado ou Uxía Cribeiro que nos axudarán a levar aos nosos meniñ@s ata o sono.

Esta é unha das nanas, escoitade e quedaredes tan prendados coma min:



2 comentarios:

pandereteira dijo...

Duas aportacións para arrolar @s nos@s pequerrechos:

"Paxariños que voades
entre as follas dos loureiros (bis)
deixade durmir meu neno
que esta no sono primeiro"

fermoso canto de berce que lle escoitei a Ugia Pedreira e, como non, dende o noso veciño Portugal a
"Canção de embalar" do Zeca Afonso:

http://www.youtube.com/watch?v=h8TpRnMU09M

Así tamén durmía eu...

pandereteira dijo...

sabedes que son moi poucas as nanas cantadas as nenas? Prácticamente todas falan dun "neniño pequeno" e as poucas que hai nas que se fai referencia a unha nena e para vendela na feira, cambiala por algo e cousas polo estilo.
Curioso, non?
Ai..... xa dende o berce...