viernes, 3 de diciembre de 2010

Na punta do pé

Xa chegou á Biblioteca A2 "Na punta do pé", de Pesdelán , ilustrado por Joao Vaz de Carballo e editado por Kalandraka.
Con Cd e DVD, é unha proposta didáctica que, do mesmo xeito que "Para cantar e bailar" de Luís Prego, publicado o ano pasado por Edicións do Cumio, recolle xogos e bailes do noso patrimonio cultural .
Cunha presentación moi cuidada non só e un libro imprescindible na escola para xogar , cantar e bailar mentras contribuímos a recuperar as nosas tradicións, senón que é tamén un agasallo a ter en conta polo Nadal e Reis.
Recolle un xogo/baile que nos encanta: "A Carrrasquiña". Aprenderamolo co libro de Luis Prego , pero agora co video de Pesdelán xa aprendimos a bailar a polka, logo de darnos biquiños e abrazos.

"Ai que vida é a nosa darnos bicos e abrazos"

Por se queredes aprender A Carrasquiña, con este video tedelo doado.

3 comentarios:

Leo dijo...

Encántame este xogo da Carrasquiña!!! Creo que xa aprendín a xogalo. Vin o video todiiiiiiiño.
Bicos e abrazos

Ronsel dijo...

é un libro fermoso e imprescindible.
Biquiños

pandereteira dijo...

Esta escola non deixa de sorprenderme! Tiña este libro-cd na miña lista de agasallos de Nadal! Agora podo collelo prestado na Biblio A2 e así podo pedirlle outra cousa ó Papá Noel/Apalpador...
Por certo, hai dous pes de lán de que son Cedeira que ademáis de bailar cantan moi, moi ben.