domingo, 26 de diciembre de 2010

A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol

"A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol" é unha coproducción galega que nos conta a viaxe da pequena Mumu para conseguir o seu soño: Ser unha super-estrela. A vaquiña Mumu vai vivir unha aventura de acción, suspense e emoción. Os seus enormes desexos de se converter nunha estrela conducirana a unha situación surrealista, da que será liberada grazas ao labor en equipo e ao enxeño dos seus compañeiros, aos que abandoara por careceren do glamour ao que ela aspiraba. Grazas a eles descubrirá que debemos querer aos demais tal e como son e non polo brillo que aparenten ter.

Esta divertida película que ESTÁ DOBLADA AO GALEGO!! deixará encantados sobre todo, aos nenos e nenas de infantil.E as súas nais e pais que verán disfrutar aos seus fill@s.




Vía Cultura Galega

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Que o novo ano deixe reunírmonos novamente, querida amigha. Unha aperta desas qeu ti sabes.

Anónimo dijo...

ola Sabela de Cia!!!!

moitas felicidades por este blog tan chulo e feliz ano.

Ana