martes, 16 de noviembre de 2010

O brazo de Érika




Hoxe enterámonos que Érika rompeu un brazo, chegaba do hospital aínda un pouco asustada, pero como é de Vide, que quere dicir FORTE e VALENTE, antes de voltar para casa achegouse á escola - que os martes pola tarde está aberta a Biblioteca- a saúdar @s amig@s e contarlles o que lle pasara:
Caíu e rompeu OS DOUS ÓSOS DO ANTEBRAZO!

A tod@s pareceulles que un óso, pasa, pero DOUS!!!!!, e como era iso de que había alí dous ósos?

Como xa era tarde quedamos que ao día seguinte na escola investigaríamos, e que os que xa van á escola de As Neves investigarían alí.

A ver que pasa mañán, pero por se o tema segue "
candente", que dame que seguro, deixo aquí uns enlaces e recursos, pois mestra previsora vale por oitenta e catro.

Vía Aula 365. Preme e xoga

Vía Bjuegos. Preme e xoga



Xogo O corpo Humano. Junta Castilla León
Xogo memoria Osos do corpo .
O esquelete humano: Gobierno de Canarias
Esquelete con pasta: Enlaescuelacabentodos
Colorear esquelete: Educima
O esquelete: Vedoque
Títere esquelete: Fichas infantil
Esquelete: Saludalia



2 comentarios:

pandereteira dijo...

Moi simpáticos os esqueletes feitos con pasta. Hoxe mesmo faremos algún dos puzles-esquelete, seguro que a M. lle encantan!
Deixo unha aportación, a "Danza dos esqueletes". A ver si vos gusta!

http://www.youtube.com/watch?v=h03QBNVwX8Q&feature=player_embedded

Unitaria de Vide dijo...

tomamos nosta do baile dos esqueletes.Unha apreta.