miércoles, 3 de noviembre de 2010

A fábrica das palabras


Á Biblioteca A2 chegou un libro: "La gran fábrica de las palabras"que nos vai servir este mes de novembro para fabricar, buscar e coleccionar palabras.
Comenzamos coas palabras amigas de MAGOSTO:
CASTAÑA,
CANDEAS,
LUME.
Axiña atopamos o cartaz de CASTAÑA, fomos entón á procura delas.
Moi perto da escola atopamos un castiñeiro con centos de CASTAÑAS, que recollimos para o magosto do vindeiro domingo, pero cando regresamos a escola decatámonos que non tiñamos CANDEAS.
Buscamos a palabra pola clase e non estaba.
¿Que facer?
Mateo tivo unha idea:
- Buscámola na casa, ao mellor unha mamá comprouna, e mañán traémola para escola.
Acordamos esperar a mañán.

Mentras, eu lles teño preparada unha sorpresa: a adaptación do
conto ao galego para seguir fabricando palabras.

A FABRICA DAS PALABRAS

View more presentations or Upload your own.

1 comentario:

pandereteira dijo...

Bonita maneira de decir "quérote": cereixa,vento, mesa
Tamén poderiamos decir:
"canto te magosto!"
"Boas candeas!"
"luméote ata o magosto!"

"Dasme unha castaña?" ou "Dasme lume?" xa non cadra moi ben..., mellor seguimos pedindo un bico...