En Vide chamámoslle CANDEAS as follas dos piñeiros que, secas, caen o chan, e coas candeas asamos as castañas: unha capa de candeas, outra de castañas ben extendidas, outra de candeas para tapar, lume , esperar que se consuma e... listo!
É un sistema sinxelo pero que ten a súa arte, pois as castañas teñen que quedar b
en asadiñas, nin crúas nen chamuscadas.
Nós precisamos candeas para facer o Magosto por iso andábamos a procura da palabra.
CANDEAS,
Puxemos a funcionar a nosa fábrica das palabras e fixemos moitas "CANDEAS".
Logo fomos ao monte a buscalas, e aínda nos deu tempo a pintar CANDEAS, de dúas en dúas, porque Alba descubríu que as candeas son xemelgas, como Iris e Noa.
E como estamos fabricando palabras, mañán fabricaremos palabras con Saramago neste precioso conto:
1 comentario:
quedeime sen palabras. Eu so coñecia o conto de Saramago, que por certo so o atopei en portugues, e xa escoitara falar da curtametraxe pero non tivera a oportunidade de vela,non me decepcionou e alegrame moito que os nenos de vide me axudaran a descubrila, como tantas outras cousas.
Oscar Martinez
Publicar un comentario