viernes, 9 de abril de 2010

Sábalo, lamprea e outros


Este ano o río Miño vai moi cheo e non é doado armar e desarmar as redes nas pesqueiras para coller lampreas. En Vide non están entrando moitas, pero as que entran son preciosas, e grandes, como esta que fomos ver á casa do Camiña que lle entrou a noite pasada.

Pola mañán, xa nos trouxera a ensinar un sábalo ENORME!!!!!!, que entrou na rede da lamprea, liouse nela e morreu, cando foron a desarmar, no lugar dunha lamprea viva, había un sábalo morto. Había moito que non se vían tantos sábalos como este ano.

E como o día ía de animais, a media mañán apareceu o can de Elena- Coqui- na porta da escola. Escapara da casa e viña na procura da súa ama.

Boteino fora pero o Coqui veña a ladrar e ladrar.

Elena choraba:

- Ai o meu Coqui!!!!. Que mo vai atropellar un coche!!!! COquiiiiiiiiii!!!! marcha para casa que TE ME MATAAAAAN!!!!!!!

Había que mirala, e @s compañeir@s abrazados a ela consolándoa e mirando para min de reollo como quen di:

- Perdona que cho diga pero eres unha asasina.

E cedín.

- VAAAALE !!. Ábrolle a porta do patio, pero NA CLASE NON ENTRA!!!!.

Así acabou o disgusto colectivo e continuou unha mañán con "música ambiente".

3 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Antonio Martínez dijo...

Uhmmmm.

Loly dijo...

Este ano penso probar a verde, pero ollo, probala, que non tocala, tan mocosa ela... "Puaj, que noxo"!!!! (Título dun libro que imaxino coñeceredes e co que escachei da risa)
Bicos relamidos!!