domingo, 20 de diciembre de 2009

Ensaio Xeral


O venres pola tarde, antes de ir de cea, fixemos ensaio xeral de "Cantareir@s de Reises". Estamos feitos uns profesionais. Mónica, Severo e Edorta co bombo, tamboril e acordeón, as pandereteiras coas pandeiretas e un feixe de rapaces de todas as idades coas súas voces AFINADÍiiiisimas!!!!cantando unha tras doutra as cantigas que escollimos. A que mellor nos sae é a do Kikiriki, como non, que levamos por si hai alguén que non se lembra de darnos un bo aghinaldo.
O día que sairemos a cantar pola parroquia xa está decidido:

sábado 2 de Xaneiro

iremos en catro tractores que adornaremos o mesmo día pola mañán, os cartaces anunciadores colocarémolos pouco a pouco e como se nos facía moi longo o tempo sen vernos decidimos que:

Martes, 29 de Decembro , ás 5 da tarde, a Biblioteca abrirá as súas portas con

Película sorpresa

e de paso ensaiaremos un pouquiño, por asegurar, nada máis, non vaiades a pensar que aínda non sabemos as letras.

E polo aghinaldo que ninguén se preocupe, conformámonos con calqueira cousa:

Deanolo aghinaldo
anque sexa pouco
un bo bacallau
e a metade doutro
de postre castañas
boas e ben grandes
un molete enteiro
e un queixo de Flandes.

1 comentario:

Bibliobrey dijo...

Dende Ponteareas tamén queremos desexarvos unhas felices festas, boas lecturas e que no 2010 poidamos ir a visitaros e que vos tamén veñades visitarnos.

Apertas como páxinas

Bea