martes, 22 de diciembre de 2009

Agasallos de Nadal

A Biblioteca A2 proponnos estes agasallos de Nadal.
Paga a pena. Eu xa teño escollido un. ¿Será o da avoa?






E vía Bibliomilladoiro chegounos un precioso folleto : O noso Nadal, galego e verde, que como di Orella Pendella

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.

Clica aquí para descargala, tod@s nós estamos nela.




4 comentarios:

RAIOTECA dijo...

Dende o cole de Andrade/Pontedeume desexámosvos un BO NADAL e un ano 2010 cargadiño do mellor para todas esas nenas e nenos da Escola Unitaria de Vide e por suposto para a "PROFIÑA".
Moitos bicosssssss...

http://biblioandrade.blogspot.com

Maria dijo...

Desde a Biblioteca Ollos Grandes de Lugo, estamos en conexión directa co Apalpador para que as fregadiñas fagan con que se realicen os vosos mellores desexos.
Un abrazo

Mik dijo...

Que pasedes unhas estupendísimas vacacións, que O Apalpador ou Papá Noel ou os Reis Magos vos traian todo, todiño o que desexades, e que no 2010 se cumpran todas as vosas ilusións. Moitos biquiños para os nenos e nenas de Vide e para profe.
(Gracias por agasallarnos coa naturalidade e frescura das vosas crónicas neste estupendo "caderno")
Bicos

O Segrel do Penedo dijo...

Os nosos mellores desexos para o ano que está a piques de comezar.
Apertas dende Fene