martes, 16 de diciembre de 2008

Persépolis


Para este Nadal, un regalo perfecto para ti, para a túa nai, para as amigas da túa nai, para a avoa, a tía ou a veciña, e co que tamén poderías agasallar ao amigo,familiar ou coñecido que decidas, é Persépolis, novela gráfica- que é como se lle chama agora aos cómics- da iraní Marjane Satrapi.
É a historia autobiográfica da autora, Margi no libro, dende os dez ata os dezanove anos nun Irán que pasa da modernidade ao integrismo islámico.
Se abres o libro é imposible non quedar pegada, e serás Margi mentras pelexa pola súa identidade no seu país, ou fora del.

¡Canto me gustou a min este libro!

Pero aínda me queda por ver a película , pois Marjane Satrapi converteu esta novela nunha longametraxe de animación coa colabouración do director de cine Vincent Paronnaud.

Terémola na Biblioteca A Dúas por reis, mentras ahí vai un adianto:

2 comentarios:

Loly dijo...

Fantástica proposta de lectura compartida... De feito, forma parte do material incluido nas nosas Mochilas Viaxeiras.
Bicos dende Fene.

TODO O MELLOR PARA O VINDEIRO ANO!!

pandereteira dijo...

Vaia sorpresa!!! é xusto o agasallo que pedín ós Reis Magos. Porteime moi ben este ano así que a ver si os Reis tamén se portan.
Vide eche moito!