jueves, 29 de abril de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010

TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010



O vindeiro 17 de Maio celebraremos de novo o Día das Letras Galegas, que este ano vai adicado a UXÍO NOVONEYRA, o poeta do Caurel.

Este é un traballo feito polo alumnado de infantil do Ceip Igrexa-Chapela:



E neste video podemos ver imaxes do Caurel e escoitar un poema de Uxío na voz de Emilio Cao.

martes, 27 de abril de 2010

Mirá o que baila ben

Hoxe Severo foise.

Os foguetes anunciáronnolo, tal como el quería.

E tod@s, novos e vellos, sacamos os tractores e recorrimos os camiños por onde a súa voz nos levara, ano tras ano.

As gaitas, pandeiretas e tamboriles soaron ben alto nas paradas de sempre.

E tocamos e bailamos agachanado as bágoas porque.....

Vai por ti, Severo!!!!!!

amigo, irmá, tio, veciño, compañeiro.

Mirá o que baila ben
mirá o que baila ben,
é fillo de Mirenciños
mirá que donaire ten.


jueves, 22 de abril de 2010

Para que les?


TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010


De Implicadas no Desenvolvemento partíu a idea e 103 Bibliotecas Escolares galegas puxéronse a traballar preguntando

¿Para que les?

Nós tamén participamos neste traballo colaborativo.

Limos en voz alta o que outras persoas nos contaban, contestamos a pregunta, imprimimos os cartaces, pintámolos, aprendimos a plantificalos e logo colgámolos na almbrada da escola para que todas as persoas de Vide poideran lelos e celebrar o Día Internacional do Libro.






Se queres ver unha escolma das respostas recibidas á pregunta ¿Para que les? preme:

O Segrel do Penedo


A actividade Tamén Len preme:


Biblioteca Milladoiro

E se queres máis información preme:

Mesturas

Raioteca

Biblioteca IES Alexandre Bóveda

lunes, 19 de abril de 2010

O SAPO NON LAVA O PÉ

O SAPO NON LAVA O PÉ
NON LAVA PORQUE NON QUER
EL MORA LÁ NA LAGOA
NON LAVA O PÉ
PORQUE NON QUER

domingo, 18 de abril de 2010

NOVA TAREFA

A semana pasada iniciamos un novo blog de tarefas.


TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010

e a tarefa marcada deunos traballo para toda a semana. Como xa temos experiencia non foi moi difícil pero o meu empeño en plantar as leitugas cubrindo a terra con plástico para librarnos de ter que andar a limpar as herbas- que é o que MENOS lles gusta a tod@s- complicou un pouco o proceso de plantado de leitugas.

Este ano levaremos dous Diarios da veiga, un en papel e individual: O CADERNO DA VEIGA , e outro no blog e colectivo.

Esta primeira semana temos ademáis un "documento gráfico", este:



lunes, 12 de abril de 2010

REQUEIXO


Este é o conto dos Bolechas e do requeixo, un producto que na nosa zona é tradicional.Con mel está exquisito.
Nós este ano celebramos o cumpreanos de Van Gogh con requeixo e mel.

Uuuummmmm!!!!!!!


viernes, 9 de abril de 2010

Sábalo, lamprea e outros


Este ano o río Miño vai moi cheo e non é doado armar e desarmar as redes nas pesqueiras para coller lampreas. En Vide non están entrando moitas, pero as que entran son preciosas, e grandes, como esta que fomos ver á casa do Camiña que lle entrou a noite pasada.

Pola mañán, xa nos trouxera a ensinar un sábalo ENORME!!!!!!, que entrou na rede da lamprea, liouse nela e morreu, cando foron a desarmar, no lugar dunha lamprea viva, había un sábalo morto. Había moito que non se vían tantos sábalos como este ano.

E como o día ía de animais, a media mañán apareceu o can de Elena- Coqui- na porta da escola. Escapara da casa e viña na procura da súa ama.

Boteino fora pero o Coqui veña a ladrar e ladrar.

Elena choraba:

- Ai o meu Coqui!!!!. Que mo vai atropellar un coche!!!! COquiiiiiiiiii!!!! marcha para casa que TE ME MATAAAAAN!!!!!!!

Había que mirala, e @s compañeir@s abrazados a ela consolándoa e mirando para min de reollo como quen di:

- Perdona que cho diga pero eres unha asasina.

E cedín.

- VAAAALE !!. Ábrolle a porta do patio, pero NA CLASE NON ENTRA!!!!.

Así acabou o disgusto colectivo e continuou unha mañán con "música ambiente".