Limos o conto, escoitamos a canción de Almudena Janeiro, vimos o video, pintamos a Cocorico , a súa nai, ao malvado Gato Pelado, xogamos un xogo de galiñas e só nos faltou comernos un bizcoito.
Si premes AQUÍ poderás xogar tamén a recoller ovos.
E AQUÍ xogarás a buscar o camiño da galiña
Tamén aprendimos unha cantiga de pitiños:
"O galo canta
a galiña chora
polos pitiños
que durmen fora."
Logo grabámola- quedou moi, moi ben- e para rematar Marcos contounos a súa versión do conto, e cada vez que nomeaba ao Gato Pelado dicía:
- que era malo, malo, malo!.
Aquí queda a voz dos "artistas":
No hay comentarios:
Publicar un comentario