miércoles, 27 de noviembre de 2013

Xogos tradicionais

Chegou Saul de visitar a súa avó da aoutra marxe do Miño e tentou ensinarnos un xogo-cantiga que lle cantara ela.
- É un xogo, pero tamén é unha cantiga e máis un chiste.
Pero non se lembraba del, así que chamamos a Mariló, a súa nai, que víu onda nós a escola e aprendéunolo a todos.

Comenza como un conto:

As campás de Sela anunciaban:


- TEN LENDIAS, TEN LENDÍAS!!!



E as campás de Barcela contestaron:



- QUITAILLAS, QUITAILLAS, QUITAILLAS!!!



As campás de Ribarteme dixeron:



- CON QUE?, CON QUE?, CON QUE?



Entón dixeron as campás de Vide:



- CO MARTELOOOÓN, CO MARTELOOOOÓN !!!!!


E despois de estar a xogar toda a mañán, quedounos así:




1 comentario:

pandereteira dijo...

Agora entendo a historia!
As primeiras campás decían: "Ten lendias"
e non "Telencias" como decía o meu pequeno! Con razón non entendía eu a cantiga!