Como tiñamos as castañas que fomos apañar o outro día decidimos facer un magosto pequeniño, un MAGOSTIÑO, só para nós, no patio da escola.
Fomos apañar candeas e puxémonos ao labor. Apresa, que o ceo estaba tinguido de nubeiros de chumbo e non queríamos que nos pillara a chuvia.
As castañas asáronse e démonos unha enchenta con elas.
Mentras, fora, chovía e chovía.... e nós quentiños comendo castañas asadas.
E rematamos facendo a lista coas 10 cousas que hai que facer para ter un Magostiño:
- 1 APAÑAR CASTAÑAS
- 2 APAÑAR CANDEAS
- 3 EXTENDER AS CANDEAS NO CHAN
- 4 BOTAR AS CASTAÑAS NO MEDIO
- 5 TAPALAS CON MÁIS CANDEAS
- 6 PRENDERLLE LUME
- 7 ESPERAR A QUE SE CONSUMA
- 8 RECOLLER AS CASTAÑAS ASADAS
- 9 TAPALAS CUNHA VERZA.
- 10 e.. COMELAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario