miércoles, 10 de abril de 2013

Festa bibliotecaria

O sábado pasado recibimos unha vez máis a un grupo de "bibliotecarias/os" amigas.
Logo da visita "obrigada" á Unitaria de Vide e a súa biblioteca, reunímonos todas, e "todo" na Casa da Auga ,e alí, bibliotecarias, pandereteiras e visitantes, compartindo lamprea e tortillas, empanada e requeixo, conversas e cantos, fomos deixando correr unha tarde  que todas e "todo" recordaremos, e cando o desánimo se achegue a nós, este recordo daranos azos para seguir adiante, porque non estamos sóas, compartimos amizade, saberes, aprendizaxes....

Alguén podería supoñer que ata se aprendeu e bailar a muiñeira?
Pois é de creer.

Gracias compañeiras e compañeiros plambeiras por estar sempre aí.

E o meu agradecemento as "miñas" compañeiras, pandereteiras e non pandereteiras, que tanto cantan como catalogan libros, cociñan lampreas ou bailan a muiñeira,  e sempre, sempre, atentas a facer "piña", a cuidarse unhas a outras, a cuidarme a min.... porque en Vide traballamos e cantamos xuntas!!!



2 comentarios:

pandereteira dijo...

Grazas a ti por montar estas xuntanzas festeiras. Pasámolo moi ben na comida, nos postres e na cea. Ate case arranxamos unha voda!
Un saúdo as plambeireas e outro especial para "todo" que ate bailou e tocou a pandeireta!

Paqui dijo...

Grazas, por permitirme entrar no grupo!!!!Parabéns, polo teu traballo, entrega, ensinanza, axuda,... desinteresados. Unha boa xornada!!!!Oxalá perduren estas xuntanzas alentadoras!!!!