casas:


Expliquei que o pintor se chamaba "Pol Kle" pero que se escribía PAUL KLEE, e foi o primeiro que fixemos: aprender a escribir o seu nome, que por si fora pouco tiña unha letra "interesante"- opinión de Noa- , o K.
O cadro da "Casa voadora" non gustou, pero non pasou o mesmo con "Castelo e sol" que pasou a chamarse por decisión maioritaria:
"Moitas casas xuntas e o sol laranxa", e como tiñamos pezas de madeira "igualiñas, igualiñas" puxémonos mans a obra e xogamos a construír cadros "igualiños , igualiños"
Logo, preguntei:
Que sabemos de Paul Klee?
contestación:
- sabemos escribir o seu nome.
- que era un pintor.
- que lle gustaban os colorines.
- que pintaba casas.
e como xa era hora, recollimos todo para seguir mañan, e dicir martes.
1 comentario:
Estas eran as casiñas, ás que me hubera gustado xogar a min de pequena!! Parabéns, arquitectopintor@s!!!!!
Publicar un comentario