Este ano decidimos ir de pintores no entroido- parecía doado pero, ai que traballiño nos deu!-
O pintor escollido fora Dalí- polos bigotes e reloxios brandos-, pero Noa cando xa estaban os disfraces feitos elevou unha protesta:
- Eu non vou de Dalí, eu vou de "chica" pintora, que tamén hai.
E como tiña moita razón, ela e as súas amigas non levaban bigote porque ian de...Maruja Mallo!
Así, as pintoras e pintores pasearon por Vide, xogaron e disfrutaron na nosa festa de Entroido, que coma sempre rematou cunha xantar na escola de nenos e nenas,e as súas familias.
Pasámolo la mar de ben ata ben entrada a tardiña, e aquí deixamos a proba:
No hay comentarios:
Publicar un comentario