
Alá fomos coas nais-taxi vinte nen@s de todas as idades - o maior de nove anos- e nove nais da Comisión de Biblioteca.
A mágoa foi atopar que o espacio adicado- independente da "outra " Biblioteca, amplio e ben iluminado- é tamén o lugar onde se imparten clases de Musica e Movemento para nen@s pequenos, o que determina o seu uso, e os libros infantís atópanse nos andeis sen orden nen concerto.
Ao remate, fixemos unha "posta en común" na que tod@s os nenos e nenas interviron con ideas moi claras e sinxelas:
- Había que buscar outro lugar para a clase de música.
- Avisar aos nen@s que os libros hai que colocalos "dereitos, de canto e no seu sitio".
- Pero antes teñen que poñer uns libros nun andel, outros noutro, según de que tratan para que os nenos e as nenas saiban onde buscar e así xa non desordenan tanto.
- E tamén teñen que ter libros bonitos.
- E .....e.....
E Marta, a pequena, non se cansaba de repetir:
- Pofe, dilles que NON se pode correr na Biblioteca!!!!
A tarde era dunha calor insoportable, pero Salavaterra ten un parque magnífico á beira do Miño: o parque de A Canuda, onde merendamos e os nen@s xogaron incansables e felices.



No hay comentarios:
Publicar un comentario