un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
martes, 15 de junio de 2010
Na escola de As Neves
Todos os anos as nenas e nenos de 6º de infantil de Vide, xunto cos das outras dúas Unitarias, van visitar o Ceip Pazo da Mercé de As Neves, que será a súa nova escola o curso que ven.
É un día cheo de "novedades": por primeira vez viaxan no autobús escolar, e tamén por primeira vez comen no comedor escolar.
Chegar a unha escola tan "enorme" con tantos nenos e nenas e "tantísimos" profesor@s sempre asusta un poquiño a uns, pon nervios@s a outr@s pero sempre "encanta", porque significa que xa son MAIORES.
Todos os anos hai algunha anécdota, este ano foi o comentario de Elena, asombrada ao percorrer o grupo escolar:
- Xesús!!- dicía- isto en vez dunha escola parece un laberinto!, e logo de subir e baixar escaleiras para coñecer as distintas aulas comenta:
- Menos mal que non estou coxa, que senón estábache aviada!!!
E tiña razón, porque as personas que diseñaron este grupo escolar esqueceron que as nenas e nenos non teñen porque ser tod@s iguais, e ás veces, algúns poden ter dificultades para desplazarse. Ou mesmo @s mestres.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario