lunes, 31 de mayo de 2010

TARDE DE FIADEIRO EN VIDE

Era a primeira vez que organizabamos unha festa destas, e comíannos os nervios.
Toda a semana foi un sinvivir de choverá ou non choverá, carpa ou carballeira, virán pandereteiras e gaiteir@s?, haberá comida? que pasa co viño? hai que.... aínda falta.....avisa a....

Traballar, traballouse unha chea.

Pero a parroquia volcouse.

O sábado xa tiñamos recollido tanto viño que paramos de ir, e o domingo, ás 4 da tarde comenzaron a parecer @s vidensense coa súa aportación: tortillas, empanadas, chourizos fritos, pan de millo recien cocido, bizcoitos, filloas, roscóns......

As avoas chegaron coa súa lá e os fusos que recuperaron buscando nos faiados das casas dispostas a aprendernos como era o traballo da fiada.

E logo viñeron pandereteiras e gaiteir@s de Arbo, de Rubiós,de San Cibrán, de Paraños, de Oliveira, de Borobás, de Ponteareas, de Gondomar..... ata de Vigo chegaron a Vide, para acompañarnos nunha tarde que tardaremos en esquecer.

E cantamos, comimos, bebimos e bailamos á sombra dos carballos que os bisavós prantaran, na carballeira de A Chan de Vide.

O domingo pola tarde , a colaboración e participación dos veciñ@s, a ilusión, esforzo e traballo desinteresado de homes e mulleres e a xenerosidade de gaiteir@s e pandereteiras convertiron a carballeira de Vide nun fermosísimo lugar onde tod@s os que estabamos alí, vell@s e nov@s, sentimos o peito enchido do orgullo de ser quen somos e de donde somos : @s fill@s e herdeiros da NOSA TERRA.




O noso agradecemento a:

1. Saia de Lá, gaiteira@s e pandereteiras de Vide.
2. Concha de Luneda
3. Cantareiras de San Cibrán.
4. Cantareiras de Oliviera.
5. Gaiteiros Chan dos Carballos
6. Pandereteiras Remuíño de Paraños.
7. Os Serandeiros de Borobás.
8. Nacho o gaiteiro e compañía.
9. Mestura. Gaiteir@s de Arbo e Rubiós.
10. Lexendarias de Arbo.
11. Os Lajaretas de Atios.
12. Foliada de Castrelos.
13. O mellor de cada casa:Caruncho, Benito e amighos.
14. Os Parrulos de Vigo.
15. Gaiteiros Barafunda de Vigo.

e a todos os homes e mulleres que cociñaron, desbrozaron, segaron, fixeron e colgaron cartaces e pancartas, anunciaron, fiaron, repartiron bebida e comida toda a tarde...... e amosaron que Vide, é un magnífico lugar onde vivir e criar aos nosos fill@s.

4 comentarios:

GHAITEIRO dijo...

VIVA VIDE E VIVA A FESTA !!!!!

Unha vez máis demostrouse que a xente cando se une, consigue todo (sobre todo a xente de Vide que para o bo e o regular somos a ....).

Para o ano temos o listón tan alto que imos ter que entrenar desde xa para superalo.
A POR EL

una abuela dijo...

Siempre que voy a ese lugar tan maravilloso como es VIDE, la vuelta a mi casa es sentir que me encantaria pasar mucho,mucho,muchisimo mas tiempo con todos vosotros, pero "A TARDE DE FIADEIRO" creo que no la olvidare nunca,hacia tiempo que no me lo pasaba tan bien.!!FELICIDADES!!Podeis sentiros muy orgullosos de ese lugar donde todo es alegria gracias al esfuerzo que haceis para que asi sea. ADELANTE VIDE.

Julia dijo...

Eu estiven esa tarde na carballeira no voso fiadeiro, e certamente foi unha tarde perfecta, o lugar, os grupos tocando, a xente bailando e comida e bebida para todos. Moitas felicidades por ser tan maravillosas.
Julia.

pandereteira dijo...

Esa tarde de fiadeiro significou moitas cousas, máis alá da música e da festa...
Eu, que cheguei aquí co meu paracaidas, sentín que tiña unha gran sorte por vivir aquí e sobre todo que os meus fillos eran uns privilexiados por vivir en Vide e poder estudar na sua Unitaria.