Como o vindeiro domingo haberá Tarde de Fiadeiro na Carballeira de A Chan de Vide, estamos na escola a traballar a F
de FIAR
de FÍO
de FUSO....
de FIADEIRO.
Tamén vimos a Julia do Neves como fiaba, buscamos en internet fotos de rocas e fusos.... videos de mulleres fiando, cantigas de fiada.....
E non aprenderemos a fiar, que iso leva moito tempo, pero si como se fiaba, como se calcetaba logo a lá e como logo de fiar, soaban as pandeiretas nas mans das mulleres e a festa comenzaba.
Ademáis fixemos un cartaz que pegamos en As Neves, enfrete do Concello, para que o día da feira todo o mundo soubese do noso FIADEIRO.
1 comentario:
Que ben o pasamos no fiadeiro! Gaitas, pandeiretas, baile, comida, viño e festa, moita festa. E tamén o traballo de moita xente que axudou a que todo saira tan ben.
Regálovos unha cantiga (ainda que ó mellor xa a sabedes...):
"Se soubera que viñades
esta tarde ó fiadeiro
limpaba todo o camiño
cun ramiño de loureiro"
Publicar un comentario