
Este ano o río Miño vai moi cheo e non é doado armar e desarmar as redes nas pesqueiras para coller
lampreas. En Vide non están entrando moitas, pero as que entran son preciosas, e grandes, como esta que fomos ver á casa do Camiña que lle entrou a noite pasada.
Pola mañán, xa nos trouxera a ensin

ar un
sábalo ENORME!!!!!!, que entrou na rede da lamprea, liouse nela e morreu, cando foron a desarmar, no lugar dunha lamprea viva, había un sábalo morto. Había moito que non se vían tantos sábalos como este ano.
E como o día ía de animais, a media mañán apareceu o can de Elena-
Coqui- na porta da escola. Escapara da casa e viña na procura da súa ama.
Boteino fora pero o Coqui veña a ladrar e ladrar.
Elena choraba:
- Ai o meu Coqui!!!!. Que mo vai atropellar un coche!!!! COquiiiiiiiiii!!!! marcha para casa que TE ME MATAAAAAN!!!!!!!
Había que mirala, e @s compañeir@s abrazados a ela consolándoa e mirando para min de reollo como quen di:
-
Perdona que cho diga pero eres unha asasina.

E cedín.
- VAAAALE !!. Ábrolle a porta do patio, pero NA CLASE NON ENTRA!!!!.
Así acabou o disgusto colectivo e continuou unha mañán con "música ambiente".