jueves, 4 de junio de 2009

XORNADA NO CEIP DE AS NEVES

Como todos os anos, eu coas nenas e nenos que marchan de Vide para As Neves, fixemos unha xornada de convivencia para favorecer, sobre todo, o cambio de escala. Tocou hoxe.

Dende o outro día que Marta se enfandou conmigo - seica lle rifei por algo- e me dixo:

" ¡Cando marche para as Neves, xa non te volvo a esta escola nunca máis!!, ¡¡¡NUNCA MÁIS!!!, e dado que Marta ten unha notable influencia no grupo de 5 anos, e que Yoel, que marchou o curso pasado pero ven con nós os martes pola tarde e ás actividades dos xoves, fartábase de dicirlles:

- Cando veñades para "arriba" xa veredes o que é unha escola de VERDADE, que esta escola non vale para NADA. ¿Que facedes aqui? NADIÑA. "Arriba" facemos MILES de fichas, e temos MILES de libros de estudiar, e facemos MILES de contas. Na escola hai que TRABALLAR, non andar de "juerga".
e sempre remataba o "discursiño" con un :
-....pero claro eu son MAIOR, e vos sodes PEQUENOS,

a min parecíame que había consenso niso de ¡por fin! converterse en MAIORES.

Pero hoxe o día de MAIORES non saíu nada ben.

Brais a media mañán deu en chorar, agarrábase a min e dicía:
- Lévame para Vide, profiña, que eu aquí non quero quedar. E non había xeito de consolalo. Carliños aguantaba o tipo e dicíalle:
- Non chores , Brais, que se queres nos ESCAPAMOS.
Menos Érika e Marta que estaban encantadas con tantos nen@s nov@s aos que facerlle o tercer grao : ¿e ti como te chamas? ¿ e ti de onde eres? ¿ e sabes "te envío poemas"?¿ e sabes ler? e..e..., os outros catro estaban un tanto aboiados.

Recuperaron un pouco cando chegou a hora de ir ao comedor.

Ata que lles puxeron a comida diante.

¡¡¡MENESTRA DE VERDURAS!!!

David chorando, Brais que se marchaba, Carliños listo para botar a correr, Marta berrando isto eu non o como, Yanira escurríndose da silla.... e Érika..... Érika ¡comendo e pedindo repetir!.

Ao final todos comeron un pouco do primeiro plato, máis do segundo pero o postre - flan- houbo que negocialo, e quedou sen tocar.

Menos mal que @s compañeir@s de As Neves pola tarde foron capaces de facerlles ver outra cara da ESCOLA DOS MAIORES con xogos e actividades no xinnasio, e poidemos regresar a Vide no autobús escolar con mellor ánimo. Ata Brais tiña mellor cara.


.......e que converterse en MAIORES pode ser moi traumático.

1 comentario:

pandereteira dijo...

Brais, ti si que sabes!
Botaredes de menos a Escola de Vide, xa veredes, xa .....