martes, 31 de marzo de 2009

Marzo quedou pintado



Rematou marzo e deixámolo todo pintado. Pintámolo de cadrados e rectángulos amarelos azules e vermellos con Mondrian, de círculos, estrelas e lúas con Miró e de xirasoles e amarelo con Van Gogh. Fixemos tamén unha exposición cos libros de "pintura" da Biblioteca A2, que ademáis escollíamos todos os días para a Hora de Ler.
Hoxe, recapitulando na roda, decateime que teño na escola un feixe de "erudit@s". Sandra, a nai de David escoitabao "embelesada" mentras David, recorría o mural facendo a súa exposición:

- "Este é un cadro de Mondrián ¿ves?,chámase composicións e usa cores primarias porque serven para facer outras cores, e este é Miró que era catalán e se chamaba Joan. Podes poñerlle nomes aos seus cadros se queres. Eu a este púxenlle "O corazón da lúa", e este é un autorretrato de Van Gogh que ten a orella vendada porque a cortou pelexando con Gauguin, que era o seu amigo pero non se quería quedar a vivir na casa amarela"

Eu tamén o escoitaba tan "embelesada" como a súa nai.

E rematamos o derradeiro día de marzo saíndo ao campo, á veiga de Generosa, a recoller pampillos amarelos. Con eles, sentad@s á sombra do castiñeiro de indias, cosimos uns preciosos colares para levar para casa.

2 comentarios:

pandereteira dijo...

Hai prazas libres para o curso que ven na vosa escola?
Resérvame unha.

Unitaria de Vide dijo...

Uf! o curso que ven haiche ben de prazas na Unitaria. Polo de agora só imos ser oito, e conmigo nove.
Asi que quedas matriculada.Pasa para deixar os datos DEFINITIVOS.