Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de septiembre de 2014

1,2,3

Sabes que hai moitos contos que teñen un número no título?
Pois si.
Fixemos unha viaxe pola biblioteca e descubrimos unha morea de contos cun número no título,
pero de todos os números o que máis lle gusta aos autores e o número.....

3 TRES 3


e seguro que quedarón algúns máis.

De entre todos,  escollimos "Os tres osos", e con el imos comenzar a traballar.

Para facer ganas , despois de lelo vimos o video:

lunes, 27 de enero de 2014

Un conto para a paz

Levamos unha semana traballando un precioso conto de Guianni Rodari: "Un e sete", publicado en castellano na editorial SM.
Nós adaptámolo, traducímolo ao galego e preparamos un video narrado coas voces de nenos e nenas:


 

jueves, 16 de enero de 2014

Xogos musicais

Os Reis trouxéronnos moitos libros para a Biblioteca, entre eles chegou: Xogos Musicais, de Luís Prego, publicado en Edicións do Cumio. Xa tiñamos de este autor "Para cantar e bailar ", e este novo traballo non nos decepcionou. Neste libro/cd, temos unha chea de cantigas tradicionais para que os pequenos e pequenas canten, bailen e xoguen.

Nós comenzamos por: "Pola beira do río", que ademáis de para cantar e xogar, servíunos para contar, sumar, aprender a escribir novas palabras e, como non, falar de sapos, grilos ratos e vacas.


jueves, 31 de octubre de 2013

Cantando o Samaín

Hoxe houbo obradoiro de caveriras na escola e viñeron algunhas nais para axudarnos a cortar as cabazas.

Logo de recoller todo cantamos o:

"tumba por aquí
tumba por alá...."

e pintámonos a cara para dar mas medo, e nsaiando para a festa de mañán.

Aquí esta a proba do bo facer destes "inxeñeiros":



viernes, 25 de octubre de 2013

Día das bibliotecas

Sempre temos un agasallo para a nosa Biblioteca no seu día.

 O alumnado de Vide "come" decotío nos seus libros, un menú extraordinario , por iso deixamos falar aos ratiños para que todo o mundo soubese o que pode pasar si un "rato" vive na biblioteca.


 

martes, 14 de mayo de 2013

LÚA

Brandán tiña o L de Lúa, o conto de Kalandraka, pero era un conto tan "tirado"- expresión de Alba- que decidimos "copialo, comelo, tragalo, reproducilo e .....GRABALO"

e así quedou:


 

lunes, 11 de marzo de 2013

Video de Rosalía

Xa temos a "proba documental" do recitado do poema de Rosalía no Instituto de As Neves, gracias ao "Equipazo" de Normalizaicón Lingüística.
Gracias, gracias, gracias.

miércoles, 30 de enero de 2013

Vicentiño e as árbores da paz

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o día da paz, e nós , aínda que un pouco fora de tempo, plantamos as landras nas botas para que na primavera crezan nelas uns fermosos árbores da paz.
Xogamos a darnos moiiiiitos bicos e apretas, limos o conto "O carballo con botas" e coñecimos a historia

dun paxaro, Vicentiño, que descubríu que nas polas dos carballos aniñaba unha palara: PAZ.
Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas from PAI Música on Vimeo.