jueves, 29 de enero de 2009

30 de Xaneiro. Conspiración pola paz

  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.







Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña. `
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

Para escrever paz

COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE





martes, 27 de enero de 2009

Paz, y despues Gloria

¿Sabías que Gloria Fuertes aos tres anos xa sabía ler, e aos 5 escribía contos e os debuxaba?.Logo os cosía con fío para encuadernalos e facer un libriño.

¿E sabías que aló polos anos 50 organizou a primeira Biblioteca Infantil ambulante que ía polos pobos pequenos levando libros a onde non chegaban por falta de cartos ou polo analfabetismo que daquela existía en España?

Se queres saber máis de Gloria Fuertes podes premer nestes enlaces:

A súa vida

Máis sobre ela

Poemas

Máis poemas

E aínda máis...


Eu de pequena tamén fun a unha Escola Unitaria ,e a mestra, Dona Carmen, aprendeunos un poema de Gloría Fuertes, que aínda lembro:


¿Donde vas carpintero con la nevada?

Voy al monte por leña para dos tablas.

¿Donde vas carpintero con esta helada?

Voy al monte por leña mi padre aguarda.

¿Donde vas con tu amor Niño del alba?

Voy a salvar a todos los que no me aman.

¿Donde vas carpintero tan de mañana?

Yo me marcho a la guerra para pararla



E como os tempos cambiaron tanto tanto, nesta Escola Unitaria veremos un video para escoitar a voz de Gloria Fuertes recitando. Pero tamén estamos aprendendo un poema seu para recitar todos xuntos o venres.

lunes, 26 de enero de 2009

TRES LETRAS, MAIS NADA

COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE



Xa contamos que estamos a preparar un poemiña de Gloria Fuertes para o día da Paz, eu pensaba que era ben doado, pois son TRES LETRAS MAIS NADA, pero ca! , é máis complicado do que parece. E non é por estar en portugués, non, é poñernos con elas e aparecer os atrancos: todo o mundo a pedir!!!!!!

  • Que si a queríamos traducida ao portugués. Feito
  • Que si tiñamos que escoitar o recitado en portugués. Feito
  • Que si tiñamos que telo grabado. Aprendido e feito.
  • Que si eu tamén quero grabar. Feito
  • Que si a temos que escribir. Feito.
  • Que as temos que debuxar.Feito
  • Que si temos que facer un colage. Feito.
  • Que si eu non sei escribir Z. Estamos nelo.
  • Que si hai máis palabras de 3 letras. Feito
  • Que temos que aprender todo o poema de memoria. Estamos nelo.
  • Que si podemos escribilo aos poucos. Imos indo.
  • Que si porque non facemos un cartaz enoooorme. Veremos.
  • Que si hai outros poemas tamén destas letras. Tamén veremos.

E agora, agora, veñen con QUEN É ESA SEÑORA!!!!!.

E a culpa foi miña. Para "contextualizar" o recitado enrolleime con: "Había unha vez unha muller que se chamaba Gloria Fuertes, que entrou nunha escola onde había moitos nenos e nenas....."

Deixeillo en bandexa. Aínda non terminara de contar a "historia" e xa tiña a Marta e Érika coa man arriba.

-E quen era esa señora?

¡¡¡¡Era tan fuerte, que daba gloria

e o pato cuá cuá cuá

tamén pregunta onde está

e por tres letras máis nada

teño toda esta liadaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!

Bueno, mañán quedamos con Gloria.


viernes, 23 de enero de 2009

Tres letras


CADERNOS DAS NENAS E NENOS DE VIDE


Agora os martes e os xoves son días blogueiros. Este xoves tocoulle escribir a Mateo, un dos pequenos, e pasou toda a mañán "eléctrico". Buscou de axudante a Noemí pero pouco caso lle fixo, repetía todo o tempo:
- Eu sei, eu sei!
Daba gusto velos traballar, e discutir.

Estamos a preparar un poema de Gloria Fuertes para o Día da Paz: Tres Letras.

A madriña de Noemi, Bete, que é portuguesa, traduciúnolo ao portugués e estamos a aprender a recitalo de memoria por partes. Logo o grabamos e nos escoitamos.

É doado porque son

TRES LETRAS, MÁIS NADA.


miércoles, 21 de enero de 2009

corre corre, cabaciña

José Ángel levara para ler pola noite o libro de Corre corre, cabaciña, e cando lle estaba a dicir á Meiga o número de rexistro para devolvelo, preguntoume:
- Profe, onde está o libro que ten a canción de Cocorico?. En libros con música non está.
- É Contos en cantos, está no expositor.
Co rebumbio de pola mañán non lle dei máis importancia e esquecín o asunto, pero José Ángel non, e ao remate da roda, levantou a man e dixo:
- Profe, eu quería escoitar a canción de Corre corre, cabaciña.
- Ah! . ¿Atopaches o libro de Contos en cantos?
- Si, e ten a canción.
- ¿Como sabes que ten a canción?- dixen eu.
- Fácil. Porque ten o debuxo da cabaciña e tamén pon CORRE CORRE CABACIÑA.
- E porque pensaches que podía ter esa canción?
- Porque Corre corre cabaciña é de OQO, como Cocorico.

Elemental, querido Watson, se non fora porque José Ángel ten catro anos


Deixoume ABRAIADA, e non puiden máis que darlle unha apreta enorme, dicirlle o listíííssimo, listíísimo que era, e que , por suposto, podía escoitar a canción .
Primeiro recordamos entre tod@s o conto, e despois escoitamos, cantamos e bailamos.

Estabamos tod@s tan entusiasmad@s" que seguimos coa cabaciña, a avoa, o lobo e oso ata que foi a hora do bocadillo.

Menos nal que isto é unha Escola Unitaria e podemos deixarnos levar.

lunes, 19 de enero de 2009

Mateo e Saray

O venres Mateo e Saray foron os protagonistas .

Mateo, porque trouxo un bizcoito á escola que fixo a súa nai para tod@s. O bizcoito estaba boísimo e estamos á espera de que Estefanía nos regale a receta para facelo tamén nós na hora de cociña.
O máis defícil foi escribir a palabra BIZCOITO
Ese biz....!!!!!!!!. Tivémonos que converter no "Zorro" e coas nosas espadas xusticieiras romper o aire marcando a nosa Z, e aínda asi... porque Érika, como non, dicía que quedaba "máis bonito" BISCOITO.

E logo recibimos unha visita, a mamá de Saray coa irmanciña recén nacida: NEREA.
Saray, que ata agora estaba un pouco enfurruñada con iso da irmanciña, por fin quixo que a mamá viñera á escola coa pequeniña, e toda contenta mostroulla aos compañeiros e compañeiras.
E hoxe, que é luns, fixose unha nova entrada no blog COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE, preme se te queres enterar do que escribíu Elena.

O blog deles


Aquí está a primeira entrada do blog "COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE".


Naceu o xoves pasado e por fin podemos presentalo. Tardamos porque levamos unha semana na que internet "ten días", e logo porque non sabiamos pegar a pantalla... menos mal que buscando buscando, demos vía blog informático con Super Screenshot que saca fotos as páxinas web, e, subir fotos ao blog, iso SI que sabemos facelo.

Pois o xoves pasado, foi un día de nervios e improvisacións. Primeiro houbo que acordar o nome do blog, que quedara sen resolver. Menos mal que contamos con novas propostas das bolboretas da escola de Quintela en Moaña, e ao final, "Cousas das nenas e nenos de Vide" deixou fora a "Lobos" e a "Principes e Princesas".

O encargado de día era Carliños e polo tanto tocoulle escribir a primeira entrada. Proxectamos na pizarra dixital e Carlos púxose ao teclado. Xa antes nos contara do que pensaba escribir, pero... ai filla, que presión!

Toda a clase mirando expectante: de Carlos a pantalla, da pantalla a Carlos. Carlos agárrase as mans e mira a pantalla, mira ao teclado, retorce as mans...Dende as mesas empezan a darlle ideas.

- Escribe que somos moi listos.
- Pon que te chamas Carlos.
- Pon que tivemos clase de inglés.
- Escribe o nome de todos.
-.........


...e Carlos, bloqueouse.

Houbo que volver a empezar, mandar calar a tanto "freelance"e organizar un pouco o "momento de escribir"

O proceso quedou así, suxeito a modificacións nas sucesivas prácticas:

1.- A persoa encargada conta na roda do que pensa enscribir, o resto da clase opina e complementa.
2.- A persoa encargada, diante do ordenador constrúe o seu texto, e tódolos demáis, que o van lendo na pantalla da PDI colaboran axudándolle a escribilo.
3.- A profe, eu, si escribe algo, pono en outra cor para que se saiba.
4.- Si a persoa encargada se cansa de estar no teclado, pode pedir axuda á mestra, pero entón vai en verde. Isto vai sobre todo polos máis pequenos.
5.- Si alguén quere acompañar o texto con fotos, etc, pediralle axuda á mestra.


Logo de aprobar este pequeno regulamento, Carliños volveu ao teclado e, xa sin nervios comenzou a escribir, e os demáis a axudarlle coas palabras difíciles.

Quedou la mar de ben.

Tédelo neste enlace COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE, tamén no lateral de xeito permanente.

jueves, 15 de enero de 2009

bloguiño

Dende que volvimos das vacacións de Nadal estamos preparando un novo blog, do que se van a ocupar "EXCLUSIVAMENTE" os nenos e nenas, e logo de moito pensar acordamos que:

- Escribirán no blog só os nenos e nenas da escola, os luns e os xoves, logo do recreo.
- A persoa encargada de día será quen se ocupe de escribir a entrada, que proxectaremos na pizarra dixital para que os demáis nenos e nenas poidan opinar, correxir ou darlle ideas.
- A profe axudará para subir fotografías , debuxos, ou outro material se así se decidira entre tod@s.

O que máis está costando é decidir o nome do blog. Non foi doado distinguir entre contidos e título do blog, e logo hoxe, cando xa entraramos no bo camiño houbo unha boa pelexa.

Marta e Érika estaban empeñadas en que "Princesas de Vide" era un nome divino, pero claro, non daban gañado as votacións. Chegaron a propoñer un nome de consenso: "Príncipes e princesas de Vide", que aínda que conseguíu máis adeptos- Noemí e José Ángel-, tampouco era aceptado. Comenzaron entón unha campaña de captación de votos dirixida fundamentalmente a conseguir os votos dos máis pequenos, Mateo e Javier, que non entendían ben o follón e levantaban a man para votar TODAS as propostas.

E montouse o lío: que si xa non eres a miña amiga, que xa non te vou invitar ao meu cumpreanos, que entón xa non eres o meu novio, que eu xa non quero ser a túa filla..... en fin, unha campaña electoral típica.

¿E como rematou?.Malamente.

Escribimos na pizarra todos os nomes propostos:

1- Somos moi listos.
2- Os lobos.
3- Príncipes e princesas de Vide.
4- Escribimos sin papel.
5- Letras da escola.
6- Contamos cousas.
7- Contos que van polo aire.

e deixamos o de escoller o nome do blog para mañán porque......mañán será outro día.

lunes, 5 de enero de 2009

cantando os reis

O sábado saímos a cantar os reis por toda a parroquia.Pola mañán preparamos os tractores con ramallos e adornos de Nadal e as 4 e media da tarde estabamos preparad@s. Percorrimos toda a parroquia cantando e recollendo o aghinaldo e rematamos na Casa da Auga con festa rachada. Os pequeniños estaban agotados e nos últimos lugares xa lles costaba cantar.Para animalos dixémoslles que ían sair na "tele" de internet, e como o prometido e deuda, aquí estan, aquí estamos. E.....¡ata o ano que ben!