lunes, 2 de marzo de 2009

ENXERTOS




Hai dous anos plantamos na nosa veiga unha videira de riparia para utilizala como portaenxerto dunha puga de albariño. A riparia medrou e este ano xa podemos facer o enxerto.

A avoa de Lara é unha das poucas mulleres que en Vide enxertan, pois esta actividade tradicionalmente fana os homes. Fomos onda ela e "tomamos apuntes" e agora intentaremos facelo nós. Só nos queda esperar á semana que ven, que hai lua nova, pois tal como nos explicou, débese enxertar en lúa nova ou menguante, así a videira ten máis sabia e agarra mellor o enxerto.Faise con fendidura simple, tal como se reflexa nas fotos que tomamos.




2 comentarios:

.................. dijo...

Ola
Acabo de atopar un enlace con este blog na web de bibliotecas escolares. Encántame! Esto de facer un inxerto paréceme unha maravilla e dificilisimo. Ogallá que vos saia! Só vin as derradeiras cousas pero teño que botarlle un ollo a todo o ano feito. Eu traballo no CRA Antía Cal. Un bico grande a todas e todos.

Anónimo dijo...

Pois unha das cousas que máis me gusta facer a min cos meus alumnos é o de enxertar (e non vos creades que son pequenos non, eles están nun ciclo superior de xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos), e por certo a eles tamén. Sempre me parece incrible que se poida crear unha nova planta dun xeito tan sinxelo.
Noraboa e que prendan.