miércoles, 30 de diciembre de 2009

Predicción metereolóxica

Disque o sábado vai chover. Danlle un 100% de probabilidades.
Pois témola boa.
O sábado é o día que símos cantar os reis pola parroquia.

Onte, na xuntanza que tivemos na Unitaria os tanto por cento non nos botaron para atrás, e iso que fora, os trebóns e os lóstregos sacudían as ventanas. Nós nin caso: ensaiamos os cantos, os pequen@s tiveron película, os máis maiores andiveron fedellando nos ordenadores, logo para nós un café cos biscoitos que trouxo Fabiola, unhas cantiguiñas coas pandeiretas e xa quedamos preparados para tomar dicisións:

Se non chove, que en Vide todo é posible, por iso do microclima, tod@s aos tractores a cantar e pedir o aghinaldo.
E si chove, que chova.
Facemos festa na Casa da Auga. Xa repartimos quen leva tortillas, empanadas e galdrumadas. Invitamos a toda a parroquia, cantamos os reis, levamos as gaitas e as pandeiretas e ....¡festa rachada!

Así que xa sabedes, o sábado ide preparando o aghinaldo que a nós non nos para ningunha "predicción metereolóxica".
Velahi vai o noso cartaz anunciador:

martes, 22 de diciembre de 2009

Agasallos de Nadal

A Biblioteca A2 proponnos estes agasallos de Nadal.
Paga a pena. Eu xa teño escollido un. ¿Será o da avoa?






E vía Bibliomilladoiro chegounos un precioso folleto : O noso Nadal, galego e verde, que como di Orella Pendella

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.

Clica aquí para descargala, tod@s nós estamos nela.




domingo, 20 de diciembre de 2009

Ensaio Xeral


O venres pola tarde, antes de ir de cea, fixemos ensaio xeral de "Cantareir@s de Reises". Estamos feitos uns profesionais. Mónica, Severo e Edorta co bombo, tamboril e acordeón, as pandereteiras coas pandeiretas e un feixe de rapaces de todas as idades coas súas voces AFINADÍiiiisimas!!!!cantando unha tras doutra as cantigas que escollimos. A que mellor nos sae é a do Kikiriki, como non, que levamos por si hai alguén que non se lembra de darnos un bo aghinaldo.
O día que sairemos a cantar pola parroquia xa está decidido:

sábado 2 de Xaneiro

iremos en catro tractores que adornaremos o mesmo día pola mañán, os cartaces anunciadores colocarémolos pouco a pouco e como se nos facía moi longo o tempo sen vernos decidimos que:

Martes, 29 de Decembro , ás 5 da tarde, a Biblioteca abrirá as súas portas con

Película sorpresa

e de paso ensaiaremos un pouquiño, por asegurar, nada máis, non vaiades a pensar que aínda non sabemos as letras.

E polo aghinaldo que ninguén se preocupe, conformámonos con calqueira cousa:

Deanolo aghinaldo
anque sexa pouco
un bo bacallau
e a metade doutro
de postre castañas
boas e ben grandes
un molete enteiro
e un queixo de Flandes.

Xogando no Nadal

Sempre queda tempo para xogar e bailar.

Send your own ElfYourself eCards


E tamen os máis pequenos:

Send your own ElfYourself eCards

domingo, 13 de diciembre de 2009

Para Nadal

Estamos a facer unhas bolas de corda para adornar, que están quedando "PRECIOSAS" e o venres pola tarde tod@s preguntaban ¿como o facedes?
Lamentablemente non as inventamos , pero podedes aprender de quen nolas apendeu a nós:



E mentras secan, que tardan unhas horas, aqui quedan unhas páxinas de actividades par xogar c@s cativ@s que nos propoñen @s compañeir@s da Biblioteca do Colexio de Cervo

E si queredes seguir xogando e aprendendo, máis recursos:

jueves, 10 de diciembre de 2009

Cantar os Reises

Este ano tamén a Biblioteca A2 mandou aviso "@s de Vide" para ir cantar os reises pola parroquia, xa levamos unhas semanas ensaiando os venres pola tarde e sae " DE MARAVILLA"

Das cantigas que escollimos para levar hai unha, xa vella na escola, que dado o "éxito" que ten entre tod@s @s raparig@s non nos quedou máis remedio que incorporar:

Trátase dunha "adaptación ao galego" do tradicional TAN TAN.

Esta é a letra:

Tan tan van polo deserto
tan tan Melchor e Gaspar
tan tan vi diante un rei negro
que todos lle chaman
o rei Baltasar.

Tan tan viron unha estrela
tan tan virona brilar

ten tan tan grande e tan bela
que todos a seguen
por ver onde irá.

Tan tan cansanse os camelos
tan tan cansanse de andar
tan tan van tan cargadiños
con tantos regalos
para quen serán.

E chegados a este punto móntase un follón fenomenal porque tod@s @s "cantor@s" berran:

PARA MIIIIIIIN !!!!!!!!
PARA MIIIIIIIN!!!!!!!!!



Esta é a "cartilla" cun recopilatorio de letras dos cantos:

martes, 8 de diciembre de 2009

Daniela

Navia, Amara, Saray, Irene, Arianna, Noemi....





Vía Coeducación

viernes, 4 de diciembre de 2009

Como se titula?

A escola convertida nun estudio de arte, e @s nen@s cos dedos uns, con pinceis outr@s, pintaban e pintaban.

Ao remate, chegou o memento de contar o que pintaran poñendo un título á súa obra.

Dende que entrou nas súas vidas Miró, os cadros destes nen@s levan títulos do máis "expresivo", tipo : Linea negra voando cando chove- foi o título que lle puxo ao seu José Ángel, así que xa non me sorprendo dos productos da súa imaxinación, pero xa colgáramos a secar tódalas "obras" cando me decatei que Noemi non nos dixera o título da súa.

- Noemi, non nos dixeches como se titula o teu cadro.
- Ah! titúlase OCO.
- Oco de buraco?
- Non profe! Oco de EDITORIAL OQO!

Mudiña que me quedei.

E que menos que colgalo aqui.

Ler para sobrevivir


De isto trata o libro que hoxe quero presentaros e propoñeros para ler:

" El señor Pip", do escritor neozelandés Lloyd Jones e publicado pola editorial Salamandra.

A historia, contada por unha nena, Matilda, transcurre nunha pequena illa de Papúa, que queda aillada polo bloqueo durante a guerra civil que se desatou en 1991 . Alí, nun ambiente desolador, o excéntrico señor Wats, o único blanco que ousou quedar, decide abrir a escola e facer de mestre . O seu método de ensino combinará a lectura en voz alta do que para el é o mellor libro,Grandes esperanzas de Charles Dickens, e a colaboración das xentes da illa que queiran compartir cos nen@s consellos prácticos de como sobrevivir no seu contorno.

Un comentario do blog A pie de página:

"..La literatura nos ayuda a interpretar el mundo, a recordar lo que dejamos atrás, a proyectarnos hacia el futuro, a escapar del exterior cuando las condiciones que nos rodean son demasiado terribles para intentar comprenderlas, a tener esperanza... ésto es lo que Lloyd Jones nos sugiere en esta conmovedora, pero también, desgarradora novela..."
Una novela entrañable —salpicada, no obstante, de escenas de gran dureza en las que los acontecimientos se precipitarán dramáticamente— que nos habla del amor a la literatura y su relación con la vida, a la vez que del resentimiento y el miedo ante el poder de la imaginación, de la negación de la memoria colectiva y la expresión cultural de los pueblos...."